O Departamento de Madeira do IES de Melide recompilou os vocábulos máis empregados nas aulas das nosas dependencias. A finalidade é facilitar a inclusión no ámbito educativo do alumnado con discapacidade auditiva.
Todos os elementos e mobles que aparecen nas imaxes foron elaborados polo alumnado das ensinanzas impartidas no centro, CM Carpintaría e Moble e FP Básica.
Este sitio web concíbese como un proceso en continuo desenvolvemento. Enmárcase nos proxectos de Formación Profesional e Innovación a través da dirección do CAFI, pertencente á Consellería Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia